O xénero


Normalmente o feminino fórmase coa terminación -a (rapaz /rapaza). Porén hai casos especiais:

NOMES REMATADOS EN -N.

Os rematados en -án forman o feminino en -á (ancián / anciá) –EXCEPCIÓN: caracterizadores despectivos (máis coñecidos como insultos) (folgazán / folgazana) –EXCEPCIÓN DA EXCEPCIÓN: (nugallán / nugallá).

Rematados en -ón; feminino -oa (león / leoa) –EXCEPCIÓN (lambón /lambona).

Rematados en -ín; feminino en -ina (bailarín / bailarina) –EXCEPCIÓN (ruín, invariable).

Rematados en -ún; feminino en -úa (vacún / vacúa) –EXCEPCIÓNS (común, invariable, euscaldún /euscalduna).

Rematados en -én: invariables (o refén, a refén).

NOMES REMATADOS EN VOGAL OU DITONGO TÓNICOS.

Os substantivos adoitan engadir -a (avó / avoa) aínda que algúns son invariables (chimpancé). Cós adxectivos pasa ó revés aínda que algúns si teñen flexión (nu /núa, cru / crúa, /soa). CASOS ESPECIAIS (grou /grúa, xudeu / xudía, sandeu /sandía).

REMATADOS EN -ÉS.

Feminino en -esa (coruñés /coruñesa).

FORMACIÓNS ESPECIAIS.

heroe / heroína, tsar /tsarina, rei / raíña. Estas son as de maior dificultade para os cativos xunto con cabalo / egua (non sería a primeira vez que aparece una *cabala ou una *iegua, ou unha *tsara, *emperadora, *actora, etc.

Elaborado a partir de Xosé Feixó Cid. As normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega. Actualizacións, complementos e desviacións. 2004Vigo. Eds. do Cumio. 4ª ed. Páxs. 63 e 64.

 

Anuncios

Acerca de lasletrasmolan

Soy licenciado en Filología hispánica y profesor de asignaturas de letras: Lengua castellana, Lingua galega, Latín, Historia, Filosofía, Técnicas de expresión escrita, Francés. Tengo experiencia docente en colegios, academias y a domicilio. Ofrezco una visión lúdica de las materias de letras, sin olvidar la base teórica y teniendo muy en cuenta las dificultades del alumno a la hora de afrontar sus estudios. Querido profesor: también cuento contigo y tal vez en algún momento te sientas identificado con alguna de las situaciones aquí expuestas. Queridos padres: sin vosotros esta página no sería posible. Si quieres clases u organizar talleres de escritura o de lectura, no dudes en escribirme o llamarme. Puedes llamarme al 628693668 o escribirme a lasletrasmolan@hotmail.es
Esta entrada fue publicada en A gramática. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s