Ai se eu te pego…


Un dos grandes éxitos musicais do momento é galego, ou polo menos pertence ó seu dominio lingüístico. Falamos da canción “Ai se eu te pego” de Michel Teló:

http://letras.terra.com/michel-telo/1930299/

Dada a súa estrutura, pode ser analizada como unha cantiga da lírica medieval galego-portuguesa. Así que imos tentalo.

Aínda que o tema é un namoramento repentino dun mozo cara unha rapaza, non podería ser catalogada como cantiga de amor propiamente dita, xa que este tipo de composición desenvólvese nun ambiente cortesano, reproduce as relacións de vasalaxe e a dama xa está casada. Aquí nada di sobre o seu estado civil, simplemente sabemos que é a máis linda da discoteca. No entanto sí que hai unha palabra que pode lembrarnos esas composicións: você (l. 2), un trato de respecto que se cadra gardaría semellanza coa expresión “senhor” para referirnos á dama.

Pola súa sinxeleza entraría dentro dos xéneros menores; pranto, pastorela, alba. Mais non pertencería a ningún destes xa que acción se desenvolve nunha discoteca -aquí balada-. Podería ser tratada como unha “cantiga de xuntanza” nun lugar onde baila a mocidade e de paso busca o amor, que nesta composición en platónico. En ningún momento di como remata a historia, só sabemos que o amante comeza a falar con ela e manifesta o seu desexo.

A estrutura é moi sinxela “ai se eu te pego” fai as veces de refrán, atopamos o paralelismo con “Nossa, nossa” e “Delicia, delicia”. A métrica é irregular, xa que alterna versos tetrasílabos (nossa nossa) ou heptasílabos (assim você me mata) con outros.

(Para análise lingüística imos empregar o esquema da entrada do 26 de setembro, pero vainos quedar escaso):

Abundancia de sibilantes -ss- (nossa) e presenza de ç (começou), grafía “g” para a fricativa palatal xorda /x/. ás que hai que engadir outras, como presenza do -m final en palabras como (assim, e coragem), mentres que en galego non o hai, acento circunflexo no “e” de você.

Parte teoríca elaborada a partir de: Vilavedra, Dolores. Historia da literatura galega. Vigo. Galaxia. 1999

Se se vos ocorre algún tema máis, quédavos o vídeo para inspirarvos: http://youtu.be/JCJ8vbKcVgs

Anuncios

Acerca de lasletrasmolan

Soy licenciado en Filología hispánica y profesor de asignaturas de letras: Lengua castellana, Lingua galega, Latín, Historia, Filosofía, Técnicas de expresión escrita, Francés. Tengo experiencia docente en colegios, academias y a domicilio. Ofrezco una visión lúdica de las materias de letras, sin olvidar la base teórica y teniendo muy en cuenta las dificultades del alumno a la hora de afrontar sus estudios. Querido profesor: también cuento contigo y tal vez en algún momento te sientas identificado con alguna de las situaciones aquí expuestas. Queridos padres: sin vosotros esta página no sería posible. Si quieres clases u organizar talleres de escritura o de lectura, no dudes en escribirme o llamarme. Puedes llamarme al 628693668 o escribirme a lasletrasmolan@hotmail.es
Esta entrada fue publicada en Campións do mundo! y etiquetada , , , , , . Guarda el enlace permanente.

2 respuestas a Ai se eu te pego…

  1. Susana dijo:

    jajaja….despois de tacharme de inocente dende o equipo directivo do meu centro!!!!, …pola mensaxe da canción, e …facerme responsable por transmitir unha mensaxe de índole sexual!!!, …cando só disfrutaba da interpretación do tema en linguaxe de signos!!!, , …amigo Las Letras Molan, preséntasme un esquema poético …unha argumentación, que vaime satisfacer un montón!!!,…dín que a vinganza sérvese en frío!!!,; co teu permíso utízote, e sacio a sed de vinganza….FEIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIITOOOOO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

    Me gusta

  2. Nesa Costas dijo:

    Nunca se me hubiera ocurrido comparar esta canción con una cantiga medieval :)
    Es más, yo la primera vez que escuché el “Ai se eu te pego” me sonó a violencia de género jajaja
    Buen análisis.
    Un saludo

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s