Erros lingüísticos presidenciais


Imos subir dúas ligazóns con discursos dos dous últimos presidentes da Xunta para analizar superficialmente o seu uso do galego. Non imos meternos en moitas fonduras e pasaremos por alto pronunciacións do tipo “proxeto” “victoria”, outras palabras que poidan causar dúbidas ó escoitalas e a calidade do discurso. Aínda que a súa duración é distinta, contaremos o mesmo tempo para os dous: 3 min e 2 seg.

http://youtu.be/R4q9w_Svdb8

Ata o seg. 40 podemos considerar que a linguaxe é pasable. A partir de aquí comezan os despropósitos.

41: *cidadana (cidadá) – 44: *un porcentaxe (as palabras rematadas en -axe son femininas agás traxe, paxe e garaxe) – 44 *serenidá (vulgarismo) – 1’38” *subrayar (subliñar, salientar) – 1’54” *cidadano (cidadán) *que fai catro anos (que hai catro anos) – 2’05” *sin (sen) – 2’08” *se convirte (podemos dar por boa a colocación do pronome se entendemos que está nunha subordinada, pero o verbo é “converter”) 2’28” *diferencia (diferenza) – 2’32” *mitade (metade) – 2’40” *pérdida (perda) – 2’42” *población (poboación) – 2’45” *escaño (escano) – 2,52 *sale (sae) – 3,02 *sin dúbeda (sen dúbida). Resumo: moito castelanismo e vulgarismo.

http://youtu.be/2BDyLYVZO8Y

Aquí xa empeza con forza: no segundo 2 di *entonces (mellor entón), aquí podería principiar cunha locución máis galega (daquela comezamos, empezamos logo…). Ata o segundo 51 non volve haber un erro grave: *diferencia (o mesmo comentario que o anterior).

1’05”  e 1’27” *sube (sobe, verbo de alternancia vocálica) – *A nivel de (expresión incorrecta que é un calco do inglés) – 1’15” *noraboa (en hora boa ou parabén) – 1’15” *lle damos (gravísimo que o pronome vaia diante do verbo neste caso) – 1’30” *diputados (deputados) – 1’38” *pra gañar as elecciós (isto é incorrecto tendo en conta o rexistro culto que supostamente emprega, pero para unha linguaxe coloquial non estaría mal, hai un plural en -os propio do bloque central), o mesmo poderiamos dicir de cual (1’55”) – 2’02” *gañancia (ganancia) – 2’14” *esos (eses) – 2’51” *eiquí (aquí) – 2’54” cuarenta e catro (podemos entendelo como castelanismo o como dialectalismo propio do galego en canto a conservación do grupo K+W latino). Resumo, tamén bastante castelanismo e algún dialectalismo propio do bloque central. Aínda así queda moito por mellorar.

Anuncios

Acerca de lasletrasmolan

Soy licenciado en Filología hispánica y profesor de asignaturas de letras: Lengua castellana, Lingua galega, Latín, Historia, Filosofía, Técnicas de expresión escrita, Francés. Tengo experiencia docente en colegios, academias y a domicilio. Ofrezco una visión lúdica de las materias de letras, sin olvidar la base teórica y teniendo muy en cuenta las dificultades del alumno a la hora de afrontar sus estudios. Querido profesor: también cuento contigo y tal vez en algún momento te sientas identificado con alguna de las situaciones aquí expuestas. Queridos padres: sin vosotros esta página no sería posible. Si quieres clases u organizar talleres de escritura o de lectura, no dudes en escribirme o llamarme. Puedes llamarme al 628693668 o escribirme a lasletrasmolan@hotmail.es
Esta entrada fue publicada en Erros habituais y etiquetada , , , , . Guarda el enlace permanente.

Una respuesta a Erros lingüísticos presidenciais

  1. Susana dijo:

    Bárbaro!!!, e non é un problema de contaminación lingüística, se non de “competencia”.

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s