Infinitivo conxugado.


É una peculiaridade do sistema lingüístico galego-portugués, só se ten rexistrado no napolitano do século XV e no húngaro.

COMO SE FORMA?: raíz + vogal temática + morfema modo tempo + morfema número persona. Exemplo:

vbo. Cantar vbo. Coller vbo. Partir
cantar coller partir
cantares colleres partires
cantar coller partir
cantarmos collermos partirmos
cantardes collerdes partirdes
cantaren colleren partiren

Raíz: (cant-, coll-, part-)

Vogal temática: (-a-, -e-, -i-).

Morfema modo tempo (-r,-re).

Morfema número persoa: (ø, -s, ø, -mos, -des, -n).

¿É UN INVENTO MODERNO? Ás veces, o estudantado ou as persoas que non coñecen ben a lingua galega, din “xa están estes a inventar cousas novas”. Xa citamos antes que é una característica case única do galego e do portugués. É un fenómeno amplamente documentado entre os séculos XIII e XVI.  De feito hai citas de gramáticos de finais do XIX e principios do XX onde se fala del:

Para Santiago y Gómez “es una gran belleza que extraordinariamente realza el gallego, y le da mayor precisión y claridad; por cuanto lo que en otra lengua no se puede decir sino por circunlocuciones, lo expresa con toda energía y concisión”.

Polo tanto, no é un invento moderno.

CANDO HAI QUE EMPREGALO?:

É OBRIGATORIO:

1- Con suxeito expreso distinto do verbo principal. Chegardes vós á casa e os rapaces reloucaren de ledicia, foi todo un. (O suxeito de chegar é vós e o suxeito de reloucar é “os rapaces”; o verbo principal “foi” naturalmente ten outro suxeito.

2- Cando o suxeito do infinitivo non está expreso, pero tratamos de evitar ambigüidades. Convén saírmos antes que se faga de noite. (Empregamos saírmos para indicar que o suxeito é “nós”).

OPTATIVO:

1- Cando vai precedido de preposición, sobre todo en comezo de frase. Para falardes do asunto, sentade e acougade. (Para falar vós do asunto).

2- En 3ª persoa do plural, cun certo valor impersoal. Acabaren cos incendios nun ano, non é labor doado.

NON É POSIBLE O SEU USO:

1- Cando o infinitivo ten o mesmo suxeito que o verbo de que depende e ambos van seguidos. Trataron de capturar o ladrón de xoias.

2- Infinitivo que forma parte dunha perífrase. Hai que gañar o concurso a toda costa.

3- Infinitivo con valor imperativo. Coller as vosas cousas e marchar axiña.

4- Infinitivo en proverbios e frases feitas. Cantar e comer non pode ser.

5- Infinitivo dependente de verbos causativos (mandar, deixar, facer, permitir…) ou de verbos de sentido (oír, ver, sentir…). Sentímolos chegar á hora que lles dixeras.

Elaborado a partir de:

Colmenero Cal, A. Novas prácticas de lingua. 2009. Pontevedra. Edicións do Cumio. 5ª Edición. Páxs. 137 e 138.

Freixeiro Mato, X. R. Gramática da lingua galega. Vol II. 2000. Vigo. Edicións A nosa terra. Páxs. 387 e 400.

Anuncios

Acerca de lasletrasmolan

Soy licenciado en Filología hispánica y profesor de asignaturas de letras: Lengua castellana, Lingua galega, Latín, Historia, Filosofía, Técnicas de expresión escrita, Francés. Tengo experiencia docente en colegios, academias y a domicilio. Ofrezco una visión lúdica de las materias de letras, sin olvidar la base teórica y teniendo muy en cuenta las dificultades del alumno a la hora de afrontar sus estudios. Querido profesor: también cuento contigo y tal vez en algún momento te sientas identificado con alguna de las situaciones aquí expuestas. Queridos padres: sin vosotros esta página no sería posible. Si quieres clases u organizar talleres de escritura o de lectura, no dudes en escribirme o llamarme. Puedes llamarme al 628693668 o escribirme a lasletrasmolan@hotmail.es
Esta entrada fue publicada en A gramática y etiquetada , , . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s