Futuro de subxuntivo.


É unha forma non real que marca a eventualidade no futuro.

¿?

Que fala dunha acción que pode suceder nun futuro.

Fórmase a partir do tema de perfecto, ó que se lle engaden as seguintes desinencias (Ø, -es, Ø, -mos, -des, -en).

Vemos que as desinencias son as mesmas que para o infinitivo conxugado. Se o verbo é irregular non hai problema, xa que a forma do perfecto distínguese ben.

Exemplo:

Infinitivo conxugado de ter: ter, teres, ter, termos, terdes, teren.

Futuro de subxuntivo de ter: tiver, tiveres, tiver, tivermos, tiverdes, tiveren.

O problema está en cando o verbo é regular, como andar, no que ambas formas coinciden.

Infinitivo conxugado: andar, andares, andar, andarmos, andardes, andaren.

Futuro de subxuntivo: andar, andares, andar, andarmos, andardes, andaren.

Na entrada na que falabamos do infinitivo conxugado amosabamos unha serie de casos nos que o seu uso era obrigatorio ou optativo. O futuro de Subxuntivo tamén ten usos de seu:

1) Nas cláusulas condicionais: se chegares tarde non entras.

2) Cláusulas relativas: dareiche canto me pedires.

3) Cláusulas temporais ou modais: cando chegares aló, chámame. Actuarei conforme me dixeren.

Obra consultada. Freixeiro Mato, Xosé Ramón. Gramática da lingua galega II. Morfosintaxe. Vigo. A nosa terra. 2000 1ª Edición. Páxs.  359 a 369 e 387 a 389.

Anuncios

Acerca de lasletrasmolan

Soy licenciado en Filología hispánica y profesor de asignaturas de letras: Lengua castellana, Lingua galega, Latín, Historia, Filosofía, Técnicas de expresión escrita, Francés. Tengo experiencia docente en colegios, academias y a domicilio. Ofrezco una visión lúdica de las materias de letras, sin olvidar la base teórica y teniendo muy en cuenta las dificultades del alumno a la hora de afrontar sus estudios. Querido profesor: también cuento contigo y tal vez en algún momento te sientas identificado con alguna de las situaciones aquí expuestas. Queridos padres: sin vosotros esta página no sería posible. Si quieres clases u organizar talleres de escritura o de lectura, no dudes en escribirme o llamarme. Puedes llamarme al 628693668 o escribirme a lasletrasmolan@hotmail.es
Esta entrada fue publicada en A gramática, Lingua galega e literatura y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s