Antecedentes modernistas en Rosalía de Castro? Primeira parte.


Na escola estúdase a Rosalía en dúas ocasións: na literatura castelá e na literatura galega. Na primeira materia aparece xunto a Bécquer como romántica tardía mentres que na segunda é unha figura capital ó formar parte do rexurdimento cultural galego con Curros en Pondal como outras figuras sobranceiras.

Damos por boa a idea de que Rosalía fala dos costumes da terra, defende o idioma, as xentes humildes, que os sentimentos íntimos están cheos de dor. Pero eu penso que hai un poema que, aínda que ten algunhas destas características, é máis próximo ó Modernismo que ó Romanticismo. Ata o de agora non teño constancia de que ninguén o estudase como tal, o que vou facer agora é aventurar unha hipótese baseada nas características do Modernismo, comparando con poemas deste movemento. Teñamos en conta que Cantares gallegos foi publicado en 1863 e que o Modernismo comeza en 1885, polo cal Rosalía adiántase ós tempos máis de vinte anos.

O poema en cuestión e Meniña, ti a máis hermosa.

—Meniña, ti a máis hermosa
que a luz do sol alumbrara;
ti a estrela da mañanciña
que en puras tintas se baña;
ti a frol das froridas cumbres,
ti a ninfa das frescas augas,
ti como folla do lirio
branca, pura e contristada
¿Quen eres, fada sin nome
de tan dormentes miradas,
de tan dorida sonrisa
de feituriña tan cándida?
¿Quisais de muller naceches
sendo tan limpia e tan casta?
¿Quisais das brisas da tarde,
quisais das brétemas vagas
das burbulliñas dun río,
quisais dunha nube branca?
¿Ou as espumas do mare
a un raio de sol xuntadas
pousáronte ó ser de aurora
nunha cunchiña de nacra?
Mais, de onde queira que sexas,
tristísima pasionaria,
por ti sinto un amor puro
que pouco a pouco me mata.
Por ti, de noite e de día,
cal vaga sombra encantada,
preto do teu vivir ximo,
ximo cos ventos que pasan
facendo vibrar sonoras
sentidas cordas dun harpa,
que con ecos tembradores
dos meus amores che falan.
Mais dime: ¿por que estás muda,
di por que estás solitaria,
di por que vives nos montes
cos paxariños que cantan,
mentras ti choras e choras
ó pé dun olmo sentada,
toda de loito cuberta,
toda cuberta de lágrimas.

— Déixame vivir nos montes,
déixame estar solitaria,
déixame cos paxariños
que en derredor de min cantan.
Déixame vestir de loito,
cuberta por tristes bágoas,
i eco de homes non escoite
nin son de harmoniosas harpas,
que eses sons de amor á vida
rompen as miñas entrañas.
¿Si deles, galán, por sorte
doce consolo arrancaras
para un dor que non ten cura,
para un mal que non se acaba!
¡Si ó seu vibrar sonoroso
as tombas se levantaran
i o polvo que nelas mora
volto a vivir se axitara…!
Mais, cala, galán…, non toques
as soaves cordas dun harpa
que nin dá vida ós que morren
nin as tristes tombas levanta.
Cala, galán, cos cantares
que con paixón de amor cantas,
que os meus amores morreron
i aló antre as tombas me agardan.
Para min morreu a dicha,
morreu tamén a esperanza,
cubreuse o seu de tristura
i a terra de ásperas prantas.
Déixame vivir nos montes,
déixame estar solitaria,
déixame vestir de loito,
cuberta de amargas lágrimas.

Que a rula que viudou,
xurou de non ser casada,
nin pousar en ramo verde
nin beber da iauga crara.

Rosalía de Castro. (1995). Cantares Gallegos. Vigo. Xerais. Páxs. 179 a 181.

O poema foi marabillosamente musicado por Roi Casal.

A próxima semana desenvolvemos a miña tola teoría.

Anuncios

Acerca de lasletrasmolan

Soy licenciado en Filología hispánica y profesor de asignaturas de letras: Lengua castellana, Lingua galega, Latín, Historia, Filosofía, Técnicas de expresión escrita, Francés. Tengo experiencia docente en colegios, academias y a domicilio. Ofrezco una visión lúdica de las materias de letras, sin olvidar la base teórica y teniendo muy en cuenta las dificultades del alumno a la hora de afrontar sus estudios. Querido profesor: también cuento contigo y tal vez en algún momento te sientas identificado con alguna de las situaciones aquí expuestas. Queridos padres: sin vosotros esta página no sería posible. Si quieres clases u organizar talleres de escritura o de lectura, no dudes en escribirme o llamarme. Puedes llamarme al 628693668 o escribirme a lasletrasmolan@hotmail.es
Esta entrada fue publicada en Lingua galega e literatura, No bico un cantar, unha novela, unha poesía... y etiquetada , , , , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s