Que vén Kokolka! Recensión


View this post on Instagram

@lusco_fusco80

A post shared by Lasletrasmolan (@lasletrasmolan) on

Xa hai tempo que veño falando deste libro, a primeira novela de Rubén Anido Regueiro, que foi presentada en maio deste ano; daquela xa máis ou menos sabedes que fala da neneza e mocidade de Leandro, un rapaz moi imaxinativo que avisa da chegada dun príncipe nórdico que quere apoderarse da súa cidade.

É unha obra que retoma os temas fantásticos que sempre existiron na literatura galega pero que nos últimos tempos estaban a perder algo de terreo en beneficio das temáticas sociais, herdeira dos Cunqueiro, Fole ou Ferrín. En moitos títulos destes autores atopamos elementos marabillosos mesturados en total harmonía con mundo real. Así, en Que vén Kokolka! aparecen obxectos procedentes de terras afastadas, vehículos actuais, como autobuses, ou, curiosos departamentos nos concellos, como o Consello de Catástrofes. Todo isto axuda a crear unha atmosfera case onírica e atemporal.

A influencia de Cunqueiro é innegable en moitos aspectos. No estilo da redacción resucita o autor de Mondoñedo, ramificando a narración ata as historias máis variadas, a recreación de temas da literatura universal, ou a propia mestura de temas máxicos e reais. Tamén podemos pensar en Torrente Ballester ó falar da poboación, Vilanova de Amarante, unha cidade pequena abeirada a un río, como moitas que existen en Galicia, que nos lembra a Castroforte del Baralla, na que igualmente acontecen sucesos case máxicos.

Tendo en conta o título, o argumento, e o desenvolvemento da obra, remítenos, ata certo punto, a Beckett e o seu En attendant Godot, célebre peza do teatro do absurdo na que dous homes agardan a chegada dun home que descoñecen pero que é chave para o seu futuro. Aquí agárdase a chegada dun príncipe que non existe pero que os sinais que se producen na contorna indican o contrario. Sen embargo hai outros detalles que nos convidan a pensar que Kokolka si que é real: este aristócrata quere apropiarse da cidade, metela no peto e engadila á súa colección, a rumoroloxía que xenera en Vilanova atrae a visitantes doutras terras que aportan moitos cartos e que fan pensar ós locais que a súa chegada vai ser positiva; pero non é así, xa que suporá a perda da identidade e ser un lugar de tantos. Polo tanto o príncipe Kokolka podería ser unha manifestación do capitalismo ou do perigo dunha globalización mal entendida e uniformadora.

Con Que vén Kokolka! Rubén Anido revive unha narrativa e un estilo clásico da literatura galega que levaba bastantes anos aparcado.

Acerca de lasletrasmolan

Soy licenciado en Filología hispánica y profesor de asignaturas de letras: Lengua castellana, Lingua galega, Latín, Historia, Filosofía, Técnicas de expresión escrita, Francés. Tengo experiencia docente en colegios, academias y a domicilio. Ofrezco una visión lúdica de las materias de letras, sin olvidar la base teórica y teniendo muy en cuenta las dificultades del alumno a la hora de afrontar sus estudios. Querido profesor: también cuento contigo y tal vez en algún momento te sientas identificado con alguna de las situaciones aquí expuestas. Queridos padres: sin vosotros esta página no sería posible. Si quieres clases u organizar talleres de escritura o de lectura en Coruña ciudad, no dudes en escribirme o llamarme. Puedes llamarme, enviarme mensaje de WhatsApp o Telegram al 628693668 o escribirme a lasletrasmolan@hotmail.es
Esta entrada fue publicada en Libros y etiquetada , , , . Guarda el enlace permanente.

2 respuestas a Que vén Kokolka! Recensión

  1. Javier Naveira Pandelo dijo:

    “Que vén Kokolka!” de Rubén Anido Regueiro

    Se no ano dous mil dous saudabamos con grande ledicia a publicación de “O retorno de Alcarabán”, unha epístola amataria galardoada daquela no certame literario que a facultade de Filoloxía da universidade da Coruña (na cal, por certo, cursou estudos de lingua e literatura galegas o noso autor) celebraba todos os anos, e no dous mil trece a de “O cabaleiro, a dama e o dragón”, un relato curto agasallado entón no Premio de narracións breves Modesto Rodríguez Figueirido, hoxe facemos o propio con “Que vén Kokolka!”, longo conto (e talvez nas etiquetas xenéricas ata aquí empregadas non todos esteamos concordes -por máis que a secuencia lóxica tenda agora cara á novela río-) dado ao prelo hogano verbo do cal estimamos que non fai falla posuír don de profecía algún para prever que os galardóns literarios tampouco se lle han facer agardar, pois a presente obra mantén moitas das constantes da literatura do noso autor, unha prosa poética, vizosa e harmoniosa, unha grande capacidade fabuladora, un amplo coñecemento dos recursos narrativos, etc., así en “Que vén Kokolka!” (título, por certo, que sempre me fai lembrar o célebre berro daquel oráculo do -teatro- pánico con sede de champaña americano: “¡El minelarrismo va a llegarrr!”) atopámonos perante un territorio literario, Vilanova de Amarante, en inminente perigo apolíptico cuxos certos sinais tan só é quen de percibilos un vate do país, don Leandro de Regueiro, porque, neste caso, os acontecementos que anuncian a chegada da hora da súa fin non son os clásicos tirados do libro atribuído a San Xoán Evanxelista de obras análogas -cataclismos, Bestas, Armaxedóns…-, senón outros moito menos evidentes (a repentina interrupción da corrente do río -un prodixio este, por certo, de fonda raizame hispana recollido, verbi gratia, naquela fermosísima xota que serviu de nana a tantas xeracións de españoliños -“El Ebro guarda silencio / al pasar por el Pilar / la Virgen está dormida / no la quiere despertar”, as mensaxes escritas en alfabeto astral -fenómenos, tamén, de longa prosapia na nosa terra, como por exemplo o trazado da sinalización viaria cara ao sepulcro do apóstolo Santiago por medio das estrelas-, os signos dos tempos debuxados nas nubes -como a que, para manifestar a presenza de Deus nela (“O Señor está contigo”), nimba sempre á Chea de Graza, á nosa copatrona a Inmaculada Concepción-, etc.) para cuxa toma en consideración unicamente pode estar capacitado alguén que, como don Leandro, tivese nacido nunha determinada conxunción de circunstancias: unha noite de tronada, dunha nai que morre no parto, cunha concreta marca na pel, etc., e é que, conforme todos sabemos, os profetas adoitan vir ao mundo envoltos nunha serie de acontecementos extraordinarios, non hai máis que lembrar, por exemplo, os prodixios que rodearon o nacemento do derradeiro dos veterotestamentarios, San Xoán Bautista, cuxo natalicio veu precedido do milagre de Santa Isabel telo concibido aínda sendo estéril e xa na ancianidade, do enmudecemento de San Zacarías por non dar creto, do seu brinco de ledicia cando a Santísima Virxe foi visitar á súa curmá xa co Noso Señor no seo dela, etc. (daí, pois, que sexa o único santo ao que lle celebramos a onomástica na data do nacemento e non, como adoitamos, na do pasamento á vida benaventurada), pero se San Xoán Bautista foi o profeta que nos anunciou a inminente vinda do Mesías que nos trouxo a salvación, don Leandro, pola súa banda, é o vate que alerta a Vilanova de Amarante verbo da súa perdición aínda máis próxima, a cal, conforme deduce da interpretación dos fenómenos atmosféricos, da lectura do firmamento, da escoita das verbas pronunciadas por un forasteiro, etc., axiña haberá ter lugar, cando chegue á devandita cidade un xinete apocalíptico que, en vez de abocala á guerra, a fame, a peste e a morte, a ha de levar a inaugurar a lista de prazas tomadas da colección particular que está a piques comezar, vén sendo pois este Kokolka un Abadón exterminador un tanto peculiar porque, ademais de ser un príncipe das tebras (por aquilo dos seus hábitos crepusculares?) danés, cabaleiro e bo mozo, é quen de reducir a toda unha cidade sen derramamento de sangue, asedio ou lume ningún, tan só indo aló, cativándoa e… gardándoa na súa faldriqueira, o malo é que o demo apolíptico do Kokolka non conta coa astucia (imaxinación, fantasía, ensoñación, etc.) de don Leandro para evitar que a súa Vilanova de Amarante sucumba dun xeito tan prosaico, daí que cando xa case a teña ao alcance da man e estea a piques de arramplar con ela aquel, porén, se vexa obrigado a deixala na listaxe de agarda perante o prodixio obrado polo vate, quen xinete de a cabalo dun auténtico unicornio do país (habelos hainos) e na compaña da súa namorada Caterina o escorrenta ao voo, é esta pois, conforme acabamos de ver, unha obra que vén corroborar todo aquilo que, aínda sen posuírmos don de profecía algún, xa auguramos aló polo comezo do presente século, que nos atopamos perante un autor que, sen ningún xénero de dúbidas, ha de copar os meirandes premios das nosas letras.

    (Javier Naveira Pandelo)

    Me gusta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .