Archivo de la categoría: Campións do mundo!

Grazas a el os portugueses e os brasileiros teñen o seu propio idioma e estes últimos gañaron varias veces o Mundial de fútbol. Espazo dedicado especialmente a aqueles que pensan que co galego non se vai a ningures. Por sorte cada vez quedan menos.

Ai se eu te pego…


Un dos grandes éxitos musicais do momento é galego, ou polo menos pertence ó seu dominio lingüístico. Falamos da canción “Ai se eu te pego” de Michel Teló: http://letras.terra.com/michel-telo/1930299/ Dada a súa estrutura, pode ser analizada como unha cantiga da lírica medieval galego-portuguesa. Así que imos tentalo. Aínda que o tema é un namoramento repentino dun mozo cara unha rapaza, non podería ser catalogada como cantiga de amor propiamente dita, xa que este tipo de composición desenvólvese nun ambiente cortesano, reproduce as relacións de … Seguir leyendo

Publicado en Campións do mundo! | Etiquetado , , , , , | 2 comentarios

Rachando o mesmo prexuízo anterior con outros matices.


Para aqueles que seguen coa teima de que o galego non ten cabida fóra de Galicia ou que é preferible que cando un estranxeiro chega aprenda castelán e prescinda do galego: Rusa que leva un ano vivindo en Galicia, que estudou a lingua na universidade. Documento interesantísimo para reflexionarmos sobre as actitudes dos galegos cara á … Seguir leyendo

Publicado en Campións do mundo! | Deja un comentario

Rachando prexuízos II


MESMO PREXUIZO ANTERIOR: o galego non serve se saes fóra de Galicia. Mesma explicación anterior malia ter demostrado que non é certo (o galego non se estuda fóra de Galicia). SITUACIÓN 1: que xa lle dixeses que o galego é estudado inlcuso nalgúns centros educativos de América, pero non se decatou ou non quixo decatarse. Outravolta lémbrasllo. SITUACIÓN 2: … Seguir leyendo

Publicado en Campións do mundo! | Deja un comentario

Rachando prexuizos


PREXUIZO SOBRE O GALEGO Nº 1: “O galego non serve se saes de Galicia”. E para rematar, completa coa seguinte frase, chea de retranca porque ten a certeza de que non se pode discutir: “ninguén estuda galego fóra de Galicia”. Pero está equivocado. FALSO. Dentro de España, en Castela León, hai varios centros educativos que teñen o galego no seu plan de estudos: http://www.xunta.es/linguagalega/castilla_y_leon, o mesmo en Cataluña. No Reino Unido, … Seguir leyendo

Publicado en Campións do mundo! | Etiquetado , , , , , , , , | Deja un comentario