Archivo de la categoría: Erros habituais

Equivocacións máis frecuentes no alumnado.

Erros lingüísticos presidenciais


Imos subir dúas ligazóns con discursos dos dous últimos presidentes da Xunta para analizar superficialmente o seu uso do galego. Non imos meternos en moitas fonduras e pasaremos por alto pronunciacións do tipo “proxeto” “victoria”, outras palabras que poidan causar dúbidas ó escoitalas e a calidade do discurso. Aínda que a súa duración é distinta, contaremos o mesmo tempo para os dous: 3 min e 2 seg. http://youtu.be/R4q9w_Svdb8 Ata o seg. 40 podemos considerar que a … Seguir leyendo

Publicado en Erros habituais | Etiquetado , , , , | 1 Comentario

*Me chamo Pepe e to digo en galego


Non estou tolo, meus queridos amigos, simplemente transcribo o que desgrazadamente é un erro gravísimo e habitual que cometen os cativos e non tan cativos. Aínda máis, dous erros terribles. Elaborado a Xosé Feixó Cid. As normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega. Actualizacións, complementos e desviacións. 2004Vigo. Eds. do Cumio. 4ª Páx 171 … Seguir leyendo

Publicado en Erros habituais | Deja un comentario

B e V


Hai certas palabras que se se escriben con v ou con b teñen diferentes significados, e hai que insistir moito niso. As dificultades na ortografía fan que os rapaces poñan h onde non existe, que supriman as que teñen que escribir, que cando unha palabra ten v poñan b… e non … Seguir leyendo

Publicado en Erros habituais | Deja un comentario

O léxico (sempre seguindo a normativa oficial de 2003)


Un dos moitos erros nos que caen os alumnos, e máis do desexado os mestres, é no referente ás palabras propias do galego; onde a creatividade alcanza uns niveis impresionantes. Ben por descoñecemento, pola influencia do español, ou porque soa ben, entran no idioma unha serie de palabras que non existen. Un caso rechamante, é precisamente *chamativo. É unha clara influencia do castelán “llamativo” ademais de existir certa analoxía no procedemento de formación de palabras: … Seguir leyendo

Publicado en Erros habituais | Etiquetado , , | Deja un comentario