Archivo de la categoría: No bico un cantar, unha novela, unha poesía…

A literatura galega en xeral e a súa presenza na actualidade. Porque por desgraza aínda hai moitos que pensan que a literatura galega está illada do mundo.

Antecedentes modernistas en Rosalía de Castro? Segunda parte.


Queda pendente da pasada semana demostrar a presenza de antecedentes modernistas no poema de Rosalía. Seguindo o aparato crítico do libro (op. cit. páx. 252) é un diálogo de amores entre un galán e unha viúva nova que vive sola … Seguir leyendo

Publicado en Lingua galega e literatura, No bico un cantar, unha novela, unha poesía... | Etiquetado , , , | Deja un comentario

Antecedentes modernistas en Rosalía de Castro? Primeira parte.


Na escola estúdase a Rosalía en dúas ocasións: na literatura castelá e na literatura galega. Na primeira materia aparece xunto a Bécquer como romántica tardía mentres que na segunda é unha figura capital ó formar parte do rexurdimento cultural galego … Seguir leyendo

Publicado en Lingua galega e literatura, No bico un cantar, unha novela, unha poesía... | Etiquetado , , , , , , , , , , | Deja un comentario

Como morreu quen nunca ben…


COMO morreu quen nunca ben ouve da ren que mais amou, e quen viu quanto receou d’ela, e foi morto porén: Ay, mia senhor, assi moir’ eu! Como morreu quen foi amar quen lhe nunca quis ben fazer, e de quen lhe fez Deus veer de que foi morto con pesar: Ay, mia senhor, assi moir’ eu! Com’ ome que ensandeceu, senhor, con gran … Seguir leyendo

Publicado en No bico un cantar, unha novela, unha poesía... | Deja un comentario

Unha vez tiven un cravo


Unha vez tiven un cravo cravado no corazón, i eu non me acordo xa se era aquel cravo de ouro, de ferro ou de amor. Soio sei que me fixo un mal tan fondo, que tanto me atormentou, que eu día e noite sin cesar choraba cal chorou Madanela na Pasión. “Señor que todo o podedes … Seguir leyendo

Publicado en No bico un cantar, unha novela, unha poesía... | Etiquetado , , , , | Deja un comentario

Digades, filha, mia filha velida


Para ir comentando esta cantiga déixovos unha ligazón interesantísima na que se recompilan poemas galegos musicados: http://sondepoetas.blogspot.com.es/2010/10/digades-filha-mia-filha-velida-pero.html Claramente vemos que é unha cantiga de amigo; neste caso prodúcese un diálogo entre a nai e a filla. A primeira pregúntalle pola tardanza en volver da fonte, a segunda responde que tivo que agardar porque estaban os cervos, pero a nai decátase de que está mentindo, por ocultar un amor. Nesta composición aparecen elementos da natureza como a fonte ou os cervos. A … Seguir leyendo

Publicado en No bico un cantar, unha novela, unha poesía... | Etiquetado , , , , , , , , | 1 Comentario

Análise lingüística


Como dixeramos na anterior ocasión, agora toca analizar os trazos lingüísticos das cantigas. 1) Vogal nasal:  ấ 2) Presenza de apóstrofo para evitar a cacofonía: vej’eu 3) Hiatos da mesma vogal: veer, door. 4) Alternancia do ditongo ui/oi: coita/cuita. 5) Presenza de /ua/ nas sílabas … Seguir leyendo

Publicado en No bico un cantar, unha novela, unha poesía... | 2 comentarios

Pautas para comentar unha cantiga


INSISTIMOS: non existe chave que nos abra a non sempre accesible porta do comentario, a chave tela o profesor que vai corrixir. No entanto si que podemos dar algunhas orientacións. A especialidade da materia son as cantigas, daquela imos con elas. 1. Situación no contexto. 2. Comprensión literal do texto. 3. … Seguir leyendo

Publicado en No bico un cantar, unha novela, unha poesía... | Deja un comentario

Cantiga de amigo


É unha pregunta sinxelísima na que o alumnado adoita fallar. Define cantiga de amigo: a cantiga de amigo é unha cantiga feita por unha muller que chora porque non está o seu mozo. ERRO: Podemos dar por bo o de que “chora porque non está o mozo”; o que está mal é “cantiga feita por unha muller”, porque precisamente os autores son homes. Como arranxalo? Podemos dicir; cantiga de amigo: … Seguir leyendo

Publicado en No bico un cantar, unha novela, unha poesía... | Etiquetado , , , , , | Deja un comentario